SENDEIRO PRG-9

  • 22 XANEIRO 2011: PRG-9 MONTE ALBA-OUTEIROS.
  •  LONXITUDE APROXIMADA : 12 Km
  • HORARIO : SAÍDA: ÁS 10 DA mañana no colexio. CHEGADA : ás 18 horas
  • PERCORRIDO :
  •  A GARRIDA(VALADARES), MTES. ALBA E CEPUDO, ALTO DE CANAVAL, CASTRO DE CHANDEBRITO (Nigrán), OUTEIRO GRANDE, FRAGOSELO, MUÍÑOS DE PEDRERÍAS, IGREXA ROMÁNICA DE SAN SALVADOR DE CORUXO.
  • DESCRIPCIÓN DO SENDEIRO :

Mte Alba e ermida de Nosa Sra. do Alba


             Dende A Garrida ascenderemos ós cumes do Mtes Alba e Cepudo (508 m) dende onde poderemos ver vistas panorámicas da cidade de Vigo , a súa ría e o Val do Fragoso (por onde discorre o Lagares)...
             No cume do Mte. Alba existe unha ermida onde se rende culto a Nosa Sra. do Alba e San Bartolomé, os cales se lles adica unha romaría.
 Neste cume hai restos da antiga fortaleza medieval coñecida como Castelo do Alba que pertencia á nobre casa dos Valadares.(Podes ver o seu escudo na fachada da ermida)



Brasón da Casa dos Valadares


A  continuación tes o perfil do sendeiro coas principais COTAS (ALTURAS DOS CUMES) :




             Dende alí e pasando polo Alto de Canaval, dirixirémonos ata o Castro de Chandebrito, con moitas construccións de arquitectura popular: muíños, encoros comunais, hórreos, lavadoiros, fontes...

 Máis información en :


Sección dun muíño



             Pode que tamén atopemos cabalos salvaxes.No castro, subiremos ata o cume, neste aínda se poden apreciar restos do seu foxo defensivo e da nuralla.
            Dende Chandebrito iremos cara ó Outeiro  Grande (406 m) e dende alí iremos cara a Área de Lecer de Fragoselo onde podremos ver o petroglifo  da Pedra da Moura.



Petroglifo "Pedra da Moura"

 Seguiremos logo pola Capela de San Sebastián, baixando logo cara ós Muíños de Pedreiras, moitos deles en estado ruinoso pero moi interesantes, seguindo o curso do río ata chegar á Igrexa románica de S. Salvador de Coruxo do s. XII.


Igrexa Románica S.Salvador De Coruxo (S. XII)


MAPA DO PRG-9